Sabela e o paxaro máxico de Tarabelos

Teatro de marionetas para as crianzas

Unha pequena nena que ten que aturar os caprichos da súa xefa, un paxariño fantástico que sempre está disposto a axudala, un mago malvado, un ogro cheirento, un príncipe desaparecido, uns reis preocupados… E todo iso cheirando a perfume? Non pode ser!

Data: mércores, 30 de novembro de 2022

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas  de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podes descargar aquí o cartel 

Data

30 Nov 2022
¡Caducado!

Hora

18:00 - 19:00

Localización

Centro cívico social do Alto
R/Manuel Antonio, nº7, 15570 Narón (A Coruña)
Categoría