Repunantas . As punkis da literatura galega
Unha proposta musical e literaria para a público adulto.
Inma López Silva e Francisco Castro presentan Repunantas. As punkis da literatura galega, onde farán un percorrido musical polas voces femininas da nosa tradición literaria, dende as cantigas medievais ata Begoña Caamaño, a quen este 2026 lle dedica a Real Academia Galega o Día das Letras.
Día: xoves, 14 de maio de 2026
Hora: ás 19:00 h (duración aproximada 60 minutos)
Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura
Destinatari@s: público adulto
Entrada: de balde. Pódense recoller as entradas na billeteira do Pazo da Cultura, de luns a sábado en horario de 09.30h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.30 h.
Organiza: Secretaría Xeral da Lingua (programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística) coa colaboración do Concello de Narón a través do Servizo de Normalización Lingüística, da Concellaría de Política Lingüística.

Descarga o cartel
