Que curioso! do Mago Noel

Maxia, humor e clown

Que Curioso! é un espectáculo de maxia moi participativo, colorido e divertido. Combina diversas disciplinas circenses e teatrais co gallo de amosar que a prestidixitación, os malabares, o humor, a música e a poesía crean, por si mesmas, un espazo de comunicación xenuíno entre o mago e o público.

Data: xoves, 26 de xaneiro de 2023

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 60 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Data

26 Xan 2023
¡Caducado!

Hora

18:00 - 19:00

Localización

Centro cívico social do Alto
R/Manuel Antonio, nº7, 15570 Narón (A Coruña)
Categoría