Provocacións de Melissa Cimas

Xogo libre para bebés

Unha provocación de xogo é unha invitación que motiva os nenos e nenas a participar, a explorar, a aprender xogando.

Nenos e nenas xogarán con  materiais reciclados ou naturais como cartóns, papeis, madeira, follas e paus, pedras, diferentes tipos de teas, froitas, etc…

Data: xoves, 13 de abril de 2023

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 1 hora)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Data

13 Abr 2023
¡Caducado!

Hora

18:00 - 19:00

Localización

Centro cívico social do Alto
R/Manuel Antonio, nº7, 15570 Narón (A Coruña)
Categoría