Pipo, o paxaro que non sabía voar de Trémola Teatro
Contacontos teatralizado
Pipo é un paxariño que está moi triste porque non sabe voar. Un día aparecen por alí os seus amigos, que lle intentan axudar. Será capaz Pipo de aprender a voar grazas á vosa axuda?
Data: mércores, 9 de outubro de 2024
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 45 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 2 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel