Petos de primavera de Menais

Un obradoiro no que as familias aprenderán a decorar unha bolsa de tea coa técnica hapa zome e  coñecerán as flores e plantas do contorno e para empregalas nas distintas impresións botánicas. Nesta actividade tamén se incidirá na importancia da redución de residuos dentro da política das 7Rs.

Data: sábado, 25 de maio de 2024

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 1 hora)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel 

Data

25 Mai 2024
¡Caducado!

Hora

11:00 - 12:00

Localización

Centro cívico social do Couto
Lugar da Picota

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal