Papaguena de ButacaZero
Ópera contemporánea de Iago Hermo
Papagena é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima da Frauta máxica de Mozart. Unha produción para analizar e reescribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.
Unha soprano (Esperanza Mara), un barítono (Jacobo Rubianes Castelo), e un músico en escena (o propio compositor da ópera, Iago Hermo) serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera, quizais, nunca chegou.
Data: sábado, 15 de outubro de 2022
Horario: ás 19:00 h (duración 50 minutos)
Lugar: SCR A Pombiña de Pedroso
Destinatari@s: recomendado para mocidade e público adulto.
Inscricións: non será precisa inscrición previa. Entrada de balde. Poderán asistir todas as persoas que o desexen ata encher a capacidade da sala.
Organiza: Sección de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Narón (Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas).