Os tres porquiños de Migallas

Conto teatralizado

Os tres porquiños é un espectáculo teatral para os máis pequenos e pequenas con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

Data: mércores, 07 de febreiro de 2024

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 30 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel 

Data

07 Feb 2024
¡Caducado!

Hora

17:00 - 17:30

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría