Os superpoderes das aves de Alouette Machine

Obradoiro de imprenta creativa para achegarnos ao funcionamento dunha imprenta e ao mundo das aves que nos rodean, poñendo en valor o uso da lingua e o noso patrimonio cultural e ambiental.
Data: sábado, 23 de maio de 2026
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 90 minutos)
Lugar: centro cívico social do Couto.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s, como mínimo, dunha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Máis info: www.naronengalego.gal
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga o cartel

