Os libros da titiriteira de A Xanela do Maxín

Os libros da titiriteira é unha proposta na que se fomenta a lectura e que mestura un espectáculo de monicreques e contacontos. Grandes libros que conteñen no seu interior pequenas historias nas que todo é posible para conmemorar o Día do Libro.

E, aínda que nun primeiro momento poida parecer que é a persoa que manexa as marionetas quen vai contar as historias… descubriremos que dos libros xorde outro tipo de vida… que nos leva a un mundo que nos atrapará coa súa maxia.

Data: venres, 23 de abril de 2021

Lugar: por streaming no enlace: https://youtu.be/HI902SVCA-g

Hora: en directo ás 12:30 h (duración aproximada 35 minutos). Mantease o vídeo en automático durante 24 horas.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Dirixido aos centros educativos de Narón, aínda que poderá gozar do espectáculo, toda aquela persoa que o desexe.

Podedes descargar aquí o cartel

Data

23 Abr 2021
¡Caducado!

Hora

12:30 - 13:35

Localización

Vía streaming
Categoría