Os libros da titiriteira de A Xanela do Maxín

Non se trata dun espectáculo de monicreques común nin dun contacontos corrente, senón que mestura ambos os conceptos. Grandes libros que conteñen no seu interior pequenas historias nas que todo é posible, que nos atrapan coa súa maxia.
Data: mércores, 30 de setembro de 2026
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 35 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Os/as menores irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel
