Onde nace a lingua de Marta Ortiz

Unha proposta de contos, adiviñas, trabalinguas, cancións de mans e unha chea de recursos con música, instrumentos e obxectos para ir traballando o ritmo e asentando as competencias lingüísticas dun xeito divertido e participativo.
Data: mércores, 18 de febreiro de 2026
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 40 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 6 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel
