Oes ti compóstate de Os Picos do Sol

Obra cómico-divulgativa sobre os residuos orgánicos e o seu tratamento a través da compostaxe.
A inaguración dunha área de compostaxe comunitaria no barrio congrega grande expectación. Un veciño e un mestre composteiro dan vida ao acalorado debate actual sobre a taxa do lixo, as formas correctas de separar e o tratamento específico dos residuos orgánicos.
Escenas breves, cargadas de humor, resolverán as dúbidas da veciñanza ao respecto do uso e normas dun centro de compostaxe.
Data: sábado, 21 de marzo de 2026
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 45 minutos)
Lugar: centro cívico social do Couto.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s, como mínimo, dunha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Máis info: www.naronengalego.gal
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga o cartel

