Oenach Atlántico en Sedes
Recreación da vida comunitaria dos castros e unha chea de actividades para todos os públicos (música, teatro, xogos populares,…) e, como peche, a tradicional “Noite do castro” coa representación a cargo da Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes da obra “O paxaro de Eiravedra”, dirixida por Laura Aneiros.
Data: sábado 30 de xullo de 2022
Programación:
Na campa do Trece
11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19.00 h Recreación do Oenach e da vida comunitaria da época nun castro, na que os visitantes poderán ver o traballo que realizan artesáns cesteiros, teceláns, ferreiros, tallistas…, a festa do xogo popular e tradicional e degustacións de carne ao caldeiro, bolas de tixola, bolos preñados…
13:00 h Actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño.
17:00 h Asdomare de Rilo e Penadique (teatro para público familiar)
No castro de Eiravedra
22:30 h O paxaro de Eiravedra da Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes na “Noite do castro” (teatro)
Organiza: Padroado da Cultura e Concellaría de Turismo do Concello de Narón e representantes da A.VV Rosa dos Ventos e da Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes.
Máis info: www.naron.es – Novas