Obradoiro de xoguetes sonoros de Miudiño

O apaixonante mundo dos instrumentos musicais non escapa ao reemprego de materiais e obxectos cotiás, procurando a musicalidade a través de recursos tanto naturais (canas, noces, abelás…) coma de refugallo (chapas, tubos caixas…) para transformalos en verdadeiros instrumentos musicais. Algúns instrumentos que se van construír son o mirlitón, o reque reque, o bate bate, o carrizo ou o sistro.

 

Data: sábado, 18 de febreiro de 2023

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 2 horas)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 12 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

O prazo de inscrición abrirase o luns 13 de febreiro de 2023 ás 10:00 h. A participación será por estrita orde de inscrición.

Queres ver  o vídeo de presentación?

Descarga aquí o cartel

 

 

                                                                             

Data

18 Feb 2023
¡Caducado!

Hora

11:00 - 13:00

Localización

Centro cívico social do Couto
Lugar da Picota
Categoría