Obradoiro de saquiños de olores de Eduvía
Un obradoiro no que as familias escollerán os seus olores favoritos de plantas como a menta, rosa, canela, lavanda,… para facer un percorrido sensorial por todos eles e para coñecer as propiedades destas plantas.
Data: sábado, 21 de outubro de 2023
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 90 minutos)
Lugar: centro cívico social do Couto.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
O prazo de inscrición abrirase o luns 16 de outubro de 2023 ás 10:00 h. A participación será por estrita orde de inscrición.
Podes descargar aquí o cartel