Obradoiro de follas de papel de Miudiño

Un obradoiro no que aprenderemos a facer papel reciclado e realizaremos uns fermosos marcapáxinas con formas de follas de árbores autóctonas.

Data: sábado, 18 de marzo de 2023

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 90 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 12 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

O prazo de inscrición abrirase o luns 13 de marzo de 2023 ás 10:00 h. A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Data

18 Mar 2023
¡Caducado!

Hora

11:00 - 12:30

Localización

Centro cívico social do Couto
Lugar da Picota
Categoría