Obradoiro de construción de pandeiros e cantareiras de Semente de Trasancos
Este 2025 as protagonistas do Día das Letras Galegas foron as cantareiras, e para renderlles homenaxe, as familias do Apego poderedes gozar dun obradoiro no que aprenderemos a fabricar pandeiros con material de refugallo e no que nos converteremos en auténticas cantareiras da man da Semente de Trasancos.
Data: mércores, 19 de novembro de 2025
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 50 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga aquí o cartel
