Obradoiro de circo de Os Picos do Sol

Obradoiro para aprender en familia as técnicas básicas do mundo do circo, a través do xogo (prato chino, diábolo, malabarismo, zancos, monociclo, cable de equilibrio,…). Un lecer máis natural que fomenta a creatividade e a destreza física.
Data: sábado, 21 de novembro de 2026
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 2 horas)
Lugar: centro cívico social do Couto.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s, como mínimo, dunha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel
