Obradoiro de chapas de Rosalía de Eduvía
Obradoiro de chapas para conmemorar o Día de Rosalía
Obradoiro de elaboración de chapas para celebrar o Día de Rosalía, o 23 de febreiro, no que as nenas e nenos realizarán diferentes chapas da autora, xogando con diferentes versos e imaxes, despois de coñecer algúns dos aspectos máis relevantes da súa vida e obra.
Data: xoves, 23 de febreiro de 2023
Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 1 hora)
Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel