Obradoiro de cantos de Nadal con Semente de Trasancos
Este obradoiro, impartido por Semente de Trasancos, busca poñer en valor a celebración do Nadal en galego, coa recuperación dos cantos de Nadal, así como visibilizar o comercio local de Narón, e incrementar a presenza do galego neste sector.
As persoas participantes aprenderán algúns cantos tradicionais de Nadal para ir despois acompañando a Semente de Trasancos por algúns comercios da Gándara a cantalos e a pedir o aguinaldo.
Para amenizar o percorrido, animamos ás persoas participantes a que traian algún instrumento (pandeiretas, tambores, castañolas,…) e tamén que veñan vestidas coa indumentaria tradicional galega para contribuír a ambientar esta troula. Ademais, os comercios terán preparado algún agasallo sorpresa para as nenas e nenos participantes (o aguinaldo).
Día: venres, 02 de xaneiro de 2026
Hora: ás 18:00 h
Lugar: Casa da Mocidade (para a aprendizaxe e ensaio das cancións de Nadal e punto de saída para o percorrido polos comercios da zona da Gándara).
Destinatari@s: poderá asistir calquera persoa que o desexe. Os/as menores deberán ir acompañados, como mínimo, dunha persoa adulta.
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e apelidos da persoa participante (no caso de menores, poñer tamén o nome da persoa acompañante e a idade do/a menor)
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón.
Colabora: Asociación de Comerciantes de Narón
Descarga o cartel
