Obradoiro de banda deseñada
Obradoiro de banda deseñada para público infantil
Obradoiro de banda deseñada impartido pola recoñecida ilustradora Irene Sanjuán, dirixido a público infantil, no que os e as participantes aprenderán os principais elementos da linguaxe narrativa visual do cómic, unha nova forma de narrar, nun ambiente de traballo ameno e apoiado ademais coa proxección de materiais visuais.
Este obradoiro chega da man de FalaRedes, da Rede de Dinamización Lingüística, un programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística pensado para encher o tempo de lecer de actividades en galego.
Día: sábado, 9 de novembro de 2024
Hora: ás 17.30 h (duración aproximada 90 minutos)
Lugar: Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros
Destinatari@s: público infantil (recomendado para nenos e nenas a partir de 8 anos)
Inscrición: actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal. Na inscrición deben aparecer os seguintes datos: nome da actividade, nome e idade do neno ou nena, nome da nai, pai ou adulto responsable que realiza a inscrición, enderezo electrónico e teléfono de contacto. A participación será por estrita orde de inscrición.
Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística (programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística) coa colaboración do Concello de Narón a través do Servizo de Normalización Lingüística da Concellaría de Política Lingüística.
Descarga aquí o cartel