Obradoiro de acollemento lingüístico

Curso dirixido a aquelas persoas, maiores de idade, que queren achegarse por primeira vez á lingua e á cultura galegas, especialmente para as persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas, aínda que tamén pode participar calquera persoa que queira iniciarse na aprendizaxe do galego.

Aprender a presentarse, a desenvolverse nunha cafetería ou restaurante, a mercar nunha tenda, tradición oral, música,…  son algúns dos contidos que se traballarán neste obradoiro, que busca que o alumnado participante adquira unhas nocións básicas de lingua e cultura galegas para que poidan desenvolverse en galego en situacións cotiás, co obxectivo de favorecer a integración social.

As clases serán impartidas en lingua galega. O obradoiro, impulsado desde a Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón, a través do Servizo de Normalización Lingüística, será gratuíto, terá unha duración de 30 horas e desenvolverase de forma presencial a partir do 1 de outubro, os mércores de 10:30 a 12:30 h no local da A.VV Chafarís. Para poder asistir é precisa inscrición previa en a.pita@naron.gal, na que se achegarán os seguintes datos: nome e apelidos, lugar de procedencia, teléfono e correo electrónico de contacto. Ao remate, o alumnado recibirá un diploma de asistencia.

 

Descarga aquí o cartel

 

Data

01 Out 2025
¡Caducado!

Hora

10:30 - 12:30
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal