O pozo do encanto de Lydia Botana e Fabaloba

Narración oral, música, kamishibai e recursos para gozar en galego

A nosa protagonista, Alí, aparece transmutada na popular figura do “encanto”, unha fada que vive onda unha fonte entre as penas da serra. Con todo, aló arriba cada vez visítana menos persoas, así que é ela quen decide baixar á vila para poder seguir transmitindo a súa fala máxica.

A cativada gozará da historia, guiada por Lydia Botana “Bolboreta”, mentres as persoas maiores que os acompañen van coñecendo diferentes recursos para a crianza en galego.

Data: mércores, 8 de novembro de 2023

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podes descargar aquí o cartel

Data

08 Nov 2023
¡Caducado!

Hora

17:00 - 18:00

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal