O peirao de Diáspora Teatro
Narración oral e teatro de monicreques
Unha sesión de contos sobre a natureza, para coidala, para coidarnos. Unha viaxe sen rumbo que ten como punto de saída o peirao. O lugar de onde saen moitos barcos e a onde chegan outros. Onde se xunta a terra co mar, os redeiros coas mariñeiras, o ceo e o mar, as gaivotas e as fanecas e onde se xuntan todas as historias que non se sabe moi ben xa de onde veñen, porque se mesturan co que hai en terra.
Data: mércores, 13 de marzo de 2024
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 45 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel