O lobo feliz de Miguel Guido

 

É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa. O lobo feliz é un contacontos con música e moito humor, baseado no conto do mesmo nome, e contado polo seu autor, Miguel Guido (coñecido tamén como o profesor de inglés dos Bolechas).

Data: mércores, 4 de febreiro de 2026

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 40 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel

 

 

Data

04 Feb 2026
¡Caducado!

Hora

17:00

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal