O gaiteiro verde de Fundación Legar
Obradoiro de creación de instrumentos vencellados á música de raíz. As nenas e os nenos non só constrúen os seus propios instrumentos de raíz (peto, curuxa, ramo, racha, bembeilla, galleto,…), senón que tamén aprenden a tocalos e a interpretar cantigas populares relacionadas con eles, favorecendo así o coñecemento e a vivencia directa da nosa cultura musical.
O gaiteiro verde nace dun estudo que analiza a relación dos antigos músicos de raíz coa contorna natural e seus recursos. Os primeiros instrumentos empregados estaban elaborados a partir de materiais que se atopan virxes na natureza: ósos, plumas, arxila, follas, pallas, canas, sabugueiro, cabazas… convertíanse na materia prima de moitos dos instrumentos primixenios.
Así, este obradoiro de creación de instrumentos rescatan esta idea: a elaboración de instrumentos ancestrais, que coa axuda dunha navalla e materias primas naturais, emiten sons puros e harmoniosos que chegan a influír na enerxía vital das persoas. Son obradoiros que promoven un ambiente creativo para a aprendizaxe e pon en valor o noso patrimonio natural e cultural como pobo único e diferenciado.
Data: sábado, 18 de outubro de 2025
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 90 minutos)
Lugar: centro cívico social do Couto.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga aquí o cartel
