O coelliño branco de Trinke Trinke

Contacontos teatral

Desde Lonxedetodo chega a visita dunha ratiña de biblioteca, Lili Gruyere, cun axudante moi especial o Coelliño Branco que nos traerán contos, números de maxia e cancións.

Data: mércores, 04 de outubro de 2023

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podes descargar aquí o cartel

 

Data

04 Out 2023
¡Caducado!

Hora

17:00 - 18:00

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal