O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa de Teatro Calavera
É unha historia de amor, romántica, dun cociñeiro chamado Antón e unha pasteleira chamada Tomasa.
Un día de moita produción o forno de Antón estoupou, pois estaba feito de latón, e a pasteleira Tomasa invitouno a asar mazás no seu forno, que é de aluminio ben gordo.
Cando Antón probou as mazás asadas cubertas con tanto caramelo da emoción deulle un mareo, berrou, saltou e ao cabo dun pouco… POM! O cociñeiro Antón esnafrou, e caeu escarranchado, retorto e petrificado.
Quedou triste Tomasa e pechou as portas da casa, mais o pobre Antón acordou!
E colorín colorado, estes dous namorados bicaron, bicaron e bicaron.
Data: mércores, 29 de xaneiro de 2025
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 35 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel