Nano canta croac de Raquel Queizás
Nano canta croac cando está contento, pero hoxe está moi calado. Que lle pasa a Nano?
Ás veces non é fácil saber como nos sentimos. Estamos tristes ou anoxados? Ímolo averiguar.
Un conto musical para axudar os/as máis pequechos/as a expresar como se senten.
Data: mércores, 15 de xaneiro de 2025
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 35 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel