Nadal con Apego

Narración oral para público familiar

Participantes dos grupos de Memoria do Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros contaranlles ás familias do Apego como vivían o Nadal cando eran pequenos/as: como o festexaban, as cancións que cantaban, se tiñan moitos agasallos,… Panxoliñas, anécdotas, curiosidades,… encherán de maxia unha xornada ideada para compartir historia e ilusión entre diferentes xeracións.

Data: xoves, 12 de decembro de 2024

Horario: ás 17:00 h

Lugar: Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros.

Destinatari@s: público familiar

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego) e colabora: Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros.

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición

Descarga aquí o cartel

Data

12 Dec 2024
¡Caducado!

Hora

17:00 - 18:00

Localización

Centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Rúa María Casares s/n 15570 Narón
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal