N de Narón. A festa das letras

Para festexar o Día das Letras Galegas e dar a coñecer a figura homenaxeada en 2026, a escritora e xornalista Begoña Caamaño, o Concello de Narón organiza, un ano máis, o N de Narón. A festa das letras, un programa de actividades para todos os públicos que se desenvolverá o 17 de maio na praza da Lectura.

Programación:

  • 30 h O pracer do azul, cartas no vento de María Faltri e Denise Armas
  • 30 h Cantareiras e grupos de baile do Padroado da Cultura
  • 00 h Carabela volve aos mares de Galeatro
  • 00 h Banda de Gaitas do Padroado da Cultura

De 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h Xogos populares

Estarán presentes neste evento a Biblioteca Municipal cun espazo de lectura e con obradoiros, e a libraría Day, que porá á venda exemplares en galego para todos os públicos e traerá ao escritor José Manuel Legazpi , pola mañá, e á escritora Ana Meilán, pola tarde, para firmar as súas obras.

 

Aquí vos deixamos a sinopse dos espectáculos:

O pracer do azul, cartas no vento de María Faltri e Denise Armas

Espectáculo musical e narrativo para público familiar que conta, dun xeito sinxelo e poético, a historia de Circe e Penélope tal e como a reimaxinou Begoña Caamaño nos seu libro Circe ou o pracer do azul. A través das cartas que viaxan no vento desde a illa de Eea ata Ítaca, dúas mulleres que comezan como rivais constrúen unha relación de afecto, respecto e crecemento persoal, descubrindo a forza da palabra compartida. Música, palabra e cancións nun encontro participativo.

 Carabela volve aos mares de Galeatro

Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que  advirten de que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por comer substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.

Descarga o cartel

Data

17 Mai 2026
¡Caducado!

Hora

11:30

Localización

Praza da Lectura
Santa Icía
Categoría

Organizador

Concello de Narón