N de Narón. A festa das Letras
Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta e o Concello de Narón quere renderlle unha pequena homenaxe a través do N de Narón. A festa das letras, un programa de actividades para o público familiar que se desenvolverá o 17 de maio no Pazo da Cultura, no que participan a Concellaría de Festas, o Padroado da Cultura e a Concellaría de Política Lingüística a través do Servizo de Normalización Lingüística.
12:00 h De Castro a Villalta de A Xanela do Maxín
13:00 h Banda de Gaitas e grupo de baile do Padroado da Cultura
17:30 h A illa sen tesouro de Teatro Ghazafelhos
18:30 h Grupo de cantareiras do Padroado da Cultura
De 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h xogos populares
Estarán presentes neste evento a Biblioteca Municipal para promover a lectura entre as persoas asistentes e a libraría Day, que porá á venda exemplares en galego para todos os públicos.
Descarga aquí o cartel