Mil maxias máis do Mago Antón

Este número de maxia dirixido a un público infantil e familiar busca poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que os espectadores e espectadoras lembren a importancia que ten a palabra en galego. O continente deste espectáculo é o Magomóbil, un vehículo deseñado expresamente para esta exhibición de maxia e lingua.

 

Data: martes, 23 de novembro de 2021

Lugar: praza Vinte e Tres de Novembro

Horario das sesións: 12:00 h, 13:15 h, 16:00 h, 17:30 h e 19:00 h (5 sesións de 45 minutos de duración)

Destinatari@s: público xeral. Recomendado a partir de 8 anos.

Inscricións: poderán asistir un máximo de 60 persoas por sesión. Actividade de balde.

Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia – Rede de Dinamización Lingüística (programa FalaRedes). O Concello de Narón está inserido na Rede de Dinamización Lingüística, polo que foi elixido para acoller esta actividade.

Data

23 Nov 2021
¡Caducado!

Hora

Todo o día
Categoría