Martiña Soñadora e Catuxa Salom no Verde que te quero verde
O Padroado da Cultura volve traer a Narón novas propostas de ocio familiar no verán naronés: o programa “Verde que te quero verde”. Todos os domingos do 3 ao 24 de xullo, a partir das 12:30 h, en diferentes parques e zonas verdes da cidade, haberá espectáculos variados, culturais e musicais, dirixidos ao público familiar e infantil.
Terceira sesión do Verde que te quero verde
Lugar: rúa Francisco Pizarro, na Solaina (Santa Icía)
Día: domingo, 17 de xullo de 2022
Hora: ás 12:30 h
Programación: concertos de Sabela king co seu proxecto Martiña Soñadora e Catuxa Salom
Máis info: www.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/5163