Manual para deitarse e durmir de Caxoto
Contos para bebés
Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gana.
Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para retrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, xogar co rolo de papel hixiénico, fantasiar coas sombras da escuridade… convértense cada noite en pequenas aventuras que atesourar antes de conciliar o sono.
Neste espectáculo Caxoto regresa a estes intres antes de deitarse e convérteos nunha función de contos chea de aventuras, misterios sen resolver, visitas inesperadas,… e así gozar dunha viaxe á nosa nenez da man das nosas crianzas.
Data: mércores, 04 de maio de 2022
Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 35 minutos)
Lugar: centro cívico social do Alto
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 4 anos, que deberán estar acompañados de, como mínimo, unha persoa adulta.
Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Podes descargar aquí o cartel