Ludoteca municipal de Narón

Para este verán propoñémosvos ás familias que visitedes a  Ludoteca municipal de Narón, pois  vai desenvolver actividades para nenas e nenos durante estas vacacións de verán en horario de mañá, que de seguro lles van encantar aos/ás peques.

Datas: a partir do 23 de xuño. As quendas serán as seguintes (escoller soamente unha das opcións ofertadas):

Luns, mércores e venres: de 3 a 6 anos (7 prazas) e de 7 a 12 anos (7 prazas)

Martes e xoves: de 3 a 6 anos (7 prazas) e de 7 a 12 anos (7 prazas)

Horario: de 10:00 a 13:00 h

Inscrición: o prazo para inscribirse comeza a partir do día 7 de xuño. O horario para a recollida de formularios e a realización das inscricións será exclusivamente de luns a venres de 19:00 a 20:00 horas.

Máis info: no Facebook , no teléfono  981 38 92 84 ou a través do correo electrónico ludoteca@naron.es. 

Data

07 Xuñ 2021
¡Caducado!
Categoría