Laura e a randeeira espacial de Rocío Ovalle

Contacontos para familias

Laura é unha nena forte e curiosa que quere ser astronauta, e ten unha randeeira coa que cada quen chega tan alto como é capaz de soñar.

A través da historia de Laura, falaremos dos nosos soños, do espazo, os planetas,… e da perseverancia. Un contacontos onde as crianzas interactúan para descubrir os seus propios soños e estratexias para facelos realidade.

Data: mércores, 12 de marzo de 2025

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 40 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel

Data

12 Mar 2025

Hora

17:00 - 17:40

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal