Historias de bicharracos de Bicharracos Teatro

Teatro, contos e música para público infantil e familiar

Romito aburrido da súa vida monótona chega á casa disposto a ver a tele, pero non atopa nada que lle guste. Abúrrese ata que mira ao seu redor e atopa un gran libro co que aprenderá todas as historias que agora conta. Un espectáculo con cancións, monicreques e diferentes historias de fantasía e humor.

Data: xoves, 23 de marzo de 2023

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada  1 hora)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Data

23 Mar 2023

Hora

18:00 - 19:00

Localización

Centro cívico social do Alto
R/Manuel Antonio, nº7, 15570 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext.1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.es