Garavanciño de Migallas Teatro

Garavanciño é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos con monicreques e cancións. Unha peza visual baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.

Divertida proposta teatral para toda a familia a partir do conto tradicional cunha estrutura encadeada e acumulativa. Un conto de sempre que achega a narración oral e os costumes do pobo a grandes e pequenos.

O pequeno Garavanciño préstase para axudar na casa, a súa nai nunca o deixaba saír só pero ese día vai facer uns recados e comeza unha grande aventura para o pequeno da familia!

Data: mércores, 9 de abril de 2025

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 40 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel

Data

09 Abr 2025

Hora

17:00 - 17:40

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal