
Feira das sementes de Babaluva
Feira das Sementes é a feira máis pequena do mundo. Unha feira onde nada se vende, onde as sementes se trocan por outras, por un conto, un refrán, unha canción ou unha adiviña.
Mirari, unha vasca establecida en Galicia, percorre o país coa súa feira das sementes. No seu postiño leva para trocar semente das fabas de Tolosa, de trigo candeal e outros cereais. Ela dá pero tamén recolle. Nesta ocasión a cambio dunhas sementes de roseira e de garavanzo, representará con marionetas os contos. A proba da semente é Garavanciña e o esquío. Finalmente para denunciar o secuestro que algunhas multinacionais da alimentación fan das sementes representará con monicreques de cachaporra «O rapto do centeo».
Data: mércores, 8 de xuño de 2022
Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)
Lugar: centro cívico social do Alto
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 2 a 6 anos, que deberán estar acompañados de, como mínimo, unha persoa adulta.
Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Podes descargar aquí o cartel