
Encadernación ecolóxica de Ventos, Estudos Ambientais
Un obradoiro no que reutilizando cartón (envases e briks), retallos, trapos vellos e papel reciclado, o alumnado elaborará as súas propias axendas e cadernos, aprendendo a encadernación por encolado.
Data: sábado, 20 de abril de 2024
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 2 horas)
Lugar: centro cívico social do Couto.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 12 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel