Elisa e Marcela
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.
As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento.
Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Data: domingo, 10 de outubro de 2021
Horario: ás 19:00 h (duración aproximada 1 h e 20 minutos)
Lugar: o Pazo da Cultura
Destinatari@s: recomendado para mocidade e público adulto.
Entradas: a actividade será de balde, pero será preciso recoller previamente entradas na billeteira do Pazo. Non se permitirá recoller máis de dúas entradas por persoa.
Poderanse recoller desde o luns 4 de outubro en horario de apertura da billeteira (de luns a sábado de 09.30 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h). O propio día do espectáculo, a billeteira abrirá unha hora antes do comezo. Máis info: 981 102 897 / taquilla.pazo@naron.es.
Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa FalaRedes, da Rede de Dinamización Lingüística, con cargo ao Fondo Europeo Xacobeo 21-22. O Concello de Narón está inserido na Rede de Dinamización Lingüística, polo que foi elixido para acoller esta actividade.