Elemental, piano-bar periódico

A Rede de Dinamización Lingüística concedeulle ao Concello de Narón a obra Elemental, piano-bar periódico de Manuel Vicente.

Elemental é unha obra de pequeno formato creada e interpretada polo divulgador científico Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández. Este “piano-bar periódico” mestura a música do piano con stand-up, teatro, cancións, humor e un chisco de drama para contar as historias agochadas na táboa periódica dos elementos. Cal foi a contribución galega á Pedra Rosetta da química? Elemental estreouse en 2019 en Naukas Bilbao, o maior festival de divulgación científica de España.

Día: 17 de agosto

Hora: ás 21:30 h (duración aproximada 40 minutos)

Lugar: praza do Colexio en Xuvia

Destinatari@s: para todos os públicos

Entrada: de balde e libre, ata completar capacidade

Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este proxecto forma parte do Fondo de proxectos culturais Xacobeo XXI que xestiona a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O Concello de Narón está inserido na Rede de Dinamización Lingüística polo que foi escollido para acoller esta obra. Colabora a A.V Altea de Xuvia.

Uso obrigado de máscara

Data

17 Ago 2021
¡Caducado!

Hora

21:30 - 22:30
Categoría