Elaboración de perfumes vexetais de Ventos
A actividade comeza cunha charla introdutoria sobre a orixe e clasificación dos perfumes; os efectos ambientais (aditivos e fixadores derivados de animais, etc) e na saúde; e recomendacións para a súa escolla e manexo. Tamén se realizará unha demostración de obtención de auga floral e esencias mediante destilación con alambique.
A continuación levarase a cabo un obradoiro de elaboración de perfumes seguindo receitas clásicas, a base de auga floral, esencias e elementos vexetais, e de elaboración de saquiños ambientadores contra insectos. Con dupla función: a de ambientador, e a de tornar insectos coma couzas e carunchos, sen efectos nocivos para a saúde e o ambiente. Elaborados con tecido, plantas aromáticas e aceites esenciais naturais.
Data: sábado, 15 de marzo de 2025
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 2 horas)
Lugar: centro cívico social do Couto.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel