Ecoagasallomarionetas de Eduvía

Utilizando diversos materiais que se consideran lixo crearemos unha marioneta coa que reflexionar e facer ver ao mundo que con creatividade se pode dar un novo uso aos desperdicios.

Data: sábado, 10 de maio de 2025

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 90 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s:  dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel

Data

10 Mai 2025

Hora

11:00 - 12:30

Localización

Centro cívico social do Couto
Lugar da Picota
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal