Día de Narón
O día 23 de novembro celébrase o Día de Narón. Desde 1993 conmemórase esta data que coincide coa da primeira acta oficial conservada do ano 1837, cando o concello se reunía no adro da igrexa parroquial de San Xiao de Narón. Para conmemorar o seu día, o Concello de Narón organiza varios actos para todos os públicos.
Día: mércores, 23de novembro
Programa:
11:00 a 17:30 h Andaina “Barrios no camiño” (de Pedroso ao Couto. Inscrición previa no teléfono 633230054)
Praza 23 de Novembro (nas inmediacións do pavillón do Campo de Serra)
- 12:00 a 13:00 h Teatro infantil con Inventi Teatro A gran viaxe
- 13:00 a 15:00 h Filloeira de Lestedo
- 13:30 a 14:00 h Actuación do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura
- 17:00 a 18.00 h Actuación musical infantil do grupo Migallas Cantaxoga
- 17:15 a 20:00 Filloeira de Lestedo
- 18:15 a 20:00 h Actuación musical do grupo Gin Tonic
Máis info: www.naron.es/web/cat/gal/novas/get/5396