Descubrindo o mundo coa microbioloxía de Fanny Medioambiente
Que hai nun charco? Por que as plantas son verdes? Por que a algúns o pole ou o pelo dos animais nos dá alerxia? Que é unha célula e por que as temos todos os seres vivos?
Todas estas preguntas e moitas máis pódense contestar con 4 cousas: un microscopio, un pouco de auga, un anaco de cristal e moita, moita curiosidade.
Un obradoiro dirixido a todos eses e esas peques aos/ás que lles interesa todo o que nos rodea, incluso aquilo que non poden ver, pero que a súa gran mente científica lles di que está aí, adaptado para que o poidan entender dunha forma sinxela e divertida, e poidan dar os seus primeiros pasos no interesante mundo da microbioloxía.
Data: sábado, 15 de febreiro de 2025
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 1 hora)
Lugar: centro cívico social do Couto.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel