Debulendo lendas de Tarabelos Teatro

Kamishibai para familias

Recollemos a técnica centenaria do Kamishibai  xaponés, “tarabelizámola” e temos un espectáculo de  contacontos debuxado ao 100%, onde as ilustracións se poden ver, tocar, manipular, vestir…

Pero, que significa “debuler”? Cando eu debuxo o que leo,  entón “debuleo”, e nesta contada debuxamos e descubrimos xuntos o valor das lendas: lendas que ensinan o  valor da nosa cultura galega…, o valor para loitar pola vida…,  o valor da axuda dada e recibida…, o valor de coñecer antes de deixarse levar polos falares…, o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles…, o valor e coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada… e moito vale a risa e as lendas que buscan provocala… Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos “debuler”.

Data: mércores, 23 de outubro de 2024

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 55 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Data

23 Out 2024

Hora

17:00 - 18:00

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal