De oca a oca e rastreo porque me toca de Pegadas Culturais

O xogo da oca nunca foi tan divertido, pois as familias poderán coñecer, entre outras cousas, que sons emiten as curuxas e as cigarras; como son as pegadas dos corzos e dos xabarís; por que son tan características as feces dos raposos; ou como poden diferenciar o pelo do lobo. Ademais, este xogo estará tamén cheo de datos curiosos e interesantes sobre os distintos animais do noso contorno.

Data: sábado, 20 de xaneiro de 2024

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

 

Data

20 Xan 2024
¡Caducado!

Hora

11:00 - 13:00

Localización

Centro cívico social do Couto
Lugar da Picota
Categoría